As formas de pequenas superficies

PROXECTO PEQUENAS SUPERFICIES

Entender Pequenas superficie supón facer un pequeno percorrido pola experiencia que o xerou entre outras cousas porque pretende ser un proxecto aberto que se transforma con cada punto do camiño. Consta de varios niveles e é multiforme en funcion do uso que se lle queira dar. Pequenas superficies pode ser unha instalación, unha acción, un documental e unha representación en directo

Un proxecto multidisciplinar que mantendo a esencia básica transformase en cada ocasión.

¿QUÉ É PEQUENAS SUPERFICIES?

A ORIXE

Pequenas superficies parte dunha experiencia que tivo lugar no verán do 2009. Cansados de ver como moitas das tiendas referenciais das “de toda a vida” estaban pechando na Coruña adicámonos, durante 2 meses, a percorrer máis de 80 tendas aínda abertas, tendas tradicionais, de barrio…En cada unha das cales mercábamos un ou varios obxetos que nos chamaban a atención:

Froitas da horta, a mestura para a matanza, os botóns de mostra que te ensinan nas mercerías para que elixas, un sombreiro, …

Fixemos un mapa no que fomos sinalando cada unha das tendas traballadas. Iamos sen presa e en cada unha das tendas visitadas rexistrábamos un mínimo de 20 minutos . Interesaba ter unha historia que contar de cada unha delas. As compras deviñan en conversas que moitas veces incluían aos clientes que por alí pasaban.  Cada unha das compras quedaba rexistrada non só a nivel de audio senón tamén na descripción do produto e o prezo.

A experiencia ficaba reflectida nos brutos de video que rexistrábamos e nese obxeto que mercábamos.

AS INSTALACIÓNS

Empregando este material creamos duas instalacións:

O MOSAICO:

Tendas de toda a vida, mundos de casa de bonecas, nun óceano de cemento

Contábamos cos vídeos que grabáramos e con 24 marcos dixitais que reproducen vídeo.Os marcos foron enmarcados (valla a redundancia) n madeira con molduras diferentes, para que desen a idea desa singularidade de cada un dos espazos. Pintamos as molduras de dourado e os distribuimos no espazo en forma de mosaico.

Como cadros en movemento, rodeadas cada unha por un marco barroco, a atmósfera das tendas de toda a vida resplandecen nun contorno uniformizante e sen cor. Sobre estas mainas luces, un xigante proxectado de asfalto apagaas unha a unha até invadir todo o espazo.

Cada marco ten o seu audio, correspondente á grabación que mostra, así que cando observamos o mosaico de lonxe só percibimos unha mestura uniforme pero conforme imonos achegando podemos percibir con claridade os ambientes sonoros de cada unha das tendas.

Esta instalación formou parte da XI mostra Gas Natural

AS BANDEXAS:

IMG_5374

Utilizando como base os diferentes obxetos mercados durante a primeira etapa do traballo elaboramos a segunda das instalacións. Plástificados e mostrados dunha maneira semellante a como percibimos a mercancía nas grandes superficies, atópase a experiencia vivida e a historia das cousas mercadas. Cada un dos obxetos atópase acompañado dun texto extraído das diferentes conversacións tidas na súa compra. Textos que reflicten opinións, gustos y pareceres, experiencias compartidas entre vendedor  comprador máis alá da simple transacción. Por último etiquetadas cos datos da compra e da tenda queda a testemuña dun percorrido por unha forma de vida que fenece ante a imcontibel proliferación de centros comerciais.

Trátase dunha instalación moi versátil, tanto na súa organización interna como na súa interacción co espazo sendo susceptible de ser incorporada a outros espazos enriquecendose en función do espazo onde o incluimos.

A INTERACIÓN CO ESPAZO

Co ánimo de facer dialogar as bandexas co espazo, as apilamos nas fachadas de tendas pechadas ao longo da cidade. Apiladas na porta como ou formando parte dun ruinoso escaparate, colocamos as bandexas observando a interacción cos peóns que por aló pasaban. Esta acción tivo lugar en mais de 50 tendas da Coruña e foi debidamente grabada en vídeo

O DOCUMENTAL.

Utlizando como fonte todo o traballo previo elaboramos un documental que ten como a instalación dos marcos unha estructura en mosaico. Está construído como unha sorte de ladaiña onde  diferentes voces en off (pertenecentes todas elas a xente do equipo que participou na experiencia) van contando a historia dalgunha das bandexas  que acaba sempre coa mesma frase: se esta tenda estivese aberta, tamén tenríamos unha historia que contar dela.

3.5 A REPRESENTACIÓN

Pequenas superficies como documental leva unha montaxe clásica e un formato en dvd. Pero pequenas superficies esta pensado para que sexa un proxecto vivo en continua evolución e múltiples formas. En cada representación, con cada espacio debería de transformarse, dialogar con cada nova exhibición e lugar, establecer unha comunicación co público máis alá do papel tradicionalmente adxudicado ao espectador. O guión pode seguir sendo válido pero o modo de representación pode ser superado é por elo que Pequenas superficies está pensado no seu resultado final para ser representado. A pantalla se convertiría en escenario y a montaxe se iría conformando en vivo, as frías voces en off se conviren en persoas reais que irían recitando o texto en directo. As bandexas volverían a ser obxetos reais que se irían apilando e o espectador podría sentir toda a súa materialidade.

mais texto

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s