texto galego

¿QUE SON OS FABULOSOS IRMÁNS DA LUZ? 

butacas1.jpg

Os fabulosos irmáns da luz é o segundo documental do proxecto Costa Difunta (ao que tamén pertence A casa de Lola de Andrés). A través do traballo revisítanse os espacios que outrora foron cines e que agora fican transformados, desaparecidos ou botados a perder.Durante meses nos adicamos a percorrer estes espazos proxectando sobre eles unha película feita con fotogramas, afiches e texturas antigas que remiten ao cine.Paralelamente a isto iamos investigando sobre as anécdotas que explicaban o sentir do cine dos comezos, e sobre elas construiamos o guión que un narrador, de un xeito grandilocuente, se encargaría de recitar.

 

butacas3.jpg                                                                                                                                                                                        Os fabulosos irmáns da luz e o cine como fenómeno colectivo.

Sempre se opoñen as dúas formas de entender o cine, a de Meliès  e a dos irmáns Lumière. Nembargantes existen outras dúas maneiras de entender o cine que para este proxecto son máis importantes. Estou a falar do cinematógrafo dos Lumière vs o quinetoscopio de Edison. A diferenza entre as dúas concepcións estaba en que Edison propoñía un espectáculo privado mentres que o dos Lumière era colectivo. Creo que hoxe en día a concepción de Edison do cine como un espectáculo privado e unipersoal é a que impera. Moita xente disfruta hoxe en día do home cinema e das macro-salas de cine , que tenden a facer desaparecer o resto dos espectadores.Podemos dicir que o cine circense desapareceu hai moito tempo, pero tamén o cine como espectáculo colectivo onde os asistentes forman parte activa nel. Existe na Costa da Morte, coma no resto de Galicia, unha vida moi rica vinculada ao cinematógrafo. O cine era unha forma de socialización (mesmo moitos cines incluían baile dentro das súas sesións). Era unha actividade colectiva onde a intervención directa do espectador estaba permitida.Outro dos cadáveres que quedou atrás é a fascinación polo feito cinematográfico en sí. A intanxibilidade, o realismo e mesmo as grandes dimensións xeraban impresións imposíbeis de comprender para o espectador actual, que nace rodeado de imaxes.Os fabulosos irmáns da luz intenta ser un recordatorio do cine itinerante pero tamén dos cines de vila, con toda a súa liturxia e afluencia.    

proxeccion.jpg 

 A HISTORIA CON MEDIÚSCULAS. Todos temos oído, falado e incluso estudado partes da grande historia, da historia con H maiúsculo, aquela que nos fala de guerras, de datas e de revolucións. Moitos de nós mesmo temos estudado o cine dentro desa Historia, así sabemos que cando os irmáns Lumière presentan o cinematógrafo, a xente saíu espavorecida pola impresión que xerou un tren a punto de atropelalos.Ademais desa historia de grandes nomes existe a historia pequeniña, a da cotidianidade, unha historia de pequenos núcleos e xente anónima. Unha historia con minúscula, e unha minúscula ben pequeniña, á que eu intento dotar de carácter mediúsculo.Nesta historia con mediúsculas que propoño non é o cine de Edison ou Lumière o que me interesa, é o cine de Caamaño.

cabalos.jpg

O PAPEL DE CAAMAÑO 

Os fabulosos irmáns da luz fala tanto do cine itinerante dos principios pero tamén dos cines de vila que se constrúen a partires dos anos 30 ao longo de Galicia.Falar dos cines itinerantes na Costa da Morte supón falar de Ramón Caamaño, quen dende pequeno organizaba pequenas proxeccións de cine para os nenos de Muxía cobrando as entradas con alfileres que logo vendía as palilleiras. Mais adiante adicábase a ecenificar as películas mudas con explicacións nas que non faltaban as onomatopeias e a interpretación. ¡Todo un espectáculo!

Advertisements

One thought on “texto galego

  1. Hola, Olaia:

    Me llamo Daniel Sánchez Salas, soy historiador del cine de los orígenes y estoy preparando un estudio sobre la figura del explicador cinematográfico en España. Doy clase en la Universidad Rey Juan Carlos de Madrid, pero me reparto con A Coruña, porque viven aquí mi mujer y mi hijo. Estoy deseando ver ‘Os fabulosos irmans dá luz’, ¿algún pase previsto en el CGAI?, ¿en algún otro lugar de la ciudad o la provincia? , ¿en Madrid? Sé que pasó por Málaga. ¿Qué tal fue todo? Espero que muy bien. También me gustaría mucho poder hablar contigo. El personaje de Caamaño me ha parecido fascinante y una parte de mi estudio se va a ocupar de los explicadores ‘tardíos’, es decir de aquellos que existieron más allá de 1912-13, y que en buan lógica pertenecen al cine itinerante que persisitió en las zonas rurales o de la periferia. Por favor, si lees este mensaje, me encantaría que entráramos en contacto. Por mi parte ,yo estaría feliz de hacerte llegar algunas de las cosas que he escrito sobre los explicadores. Son un tanto académicas, pero ojalá que encuentres en ellas algo de interés. El proyecto general de ocuparte/ros de los cines abandonados me parece muy interesante, y a juzgar por los materiales que tienes colgados en esta página, está quedando realmente bien. Quedo a la espera de tus noticias. Un cordial saludo:

    Daniel Sánchez Salas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s