MITOLOXÍA ÍNTIMA

Hai quen di que o pelo retén memoria do vivido, hai quen di que os estados de ánimo adhírense a el como unha pátina imborrable, tamén comentan que pode facerse un mapa dos sitios visitados simplemente cun único cabelo.

Hai quen conta a súa vida a través de imaxes. Desde a caixa de galletas onde a avóa gardaba a única fotografía que tiña dos seus pais aos perfís de facebook inchados ata a saciedade de pratos de comida, caras riseiras e retratos ante o espello establecemos un relato sobre nós mesmos tan explicito como misterioso. A impudorosa exactitude que exhibe a imaxe privada acompaña entre bambalinas un drama que require un discurso íntimo.
Para rematar hai quen goza do camiño enrevesado das sinuosas voltas que dan as metáforas e desafía a exactitude coa potencia evocadora das lendas. A explicación mítica, tan caótica, tan irracional e que con todo anida como poucas no territorio da imaxinación. Son os contos que nos len de nenos, as lendas dos nosos pobos e as mitologías das que somos herdeiros.
Tres discursos (o científico, o íntimo e o mítico) que contribúen a dicirnos quen somos.
O proxecto é aparentemente sinxelo: unha persoa córtase o pelo en cámara mentres escoitamos un conto, unha lenda. Pero as cousas non son tan simples, o video traspasa a documentación para convertelo en imaxe privada ao compartir o momento con amigos e familia e a lenda non é máis que o retrato en clave metafórica dos recordos vividos mentres o pelo crecía. A idea é xerar un mosaico de retratos que aúnen biografías nunha sorte de mitología íntima.

hh2 michal4 tone1

INTIMATE MITHOLOGY

It is said that hair preserves the memory of what it has lived. It is said that the states of mind get stuck on it like an indelible patina. It is also said that you can draw a map of the places you have visited from just a single hair.

There are people who define their life trough images. From the box of biscuits in which granny keeps the only photo she has of her parents, to that overfed with meals and selfies. Facebook profiles show us a tale of ourselves which turns out to be as explicit as mysterious. The lewd accuracy which the private image shows off, makes up the drama of the intimate discourse.

At last there are people who enjoy the winding road, the sinuous laps of the metaphors and defy de accuracy with the powerful evocation of the legends.The mythical explanation, so chaotic, so irrational and jet dwelling intensely in the territory of the imagination. Those are the tales we were told throughout our childhood, the legends of our Hamlets and the mythology we have inherited.

Three discourses (scientific, intimate and mythical) which contribute to tell us who we are.

The project is apparently simple: a person cuts off his hair in front of the camera while we listen to a tale, a legend. But things aren’t that simple, the video trespasses the documentation to turn into a private image from the moment we share it with friends and family. And the legend is nothing but a portrait of the living memories which took place while our hair was growing in a sort of intimate mythology.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s