Texto (galego)

 

SINOPSE

O pasado non o hai que perder de vista porque para entendermos quen somos e para ir cara adiante sempre hai que telo presente.

A memoria esvaécese e o pasado non é máis que un eco no espazo que o acolleu. Hoxe estes ecos dilúense nun espazo cambiante vítima da salvaxe e irreversíbel especulación inmobiliaria. A Costa da Morte está á venda.

Baixo a fachada de prosperidade económica o fenómeno inmobiliario agacha a emigración, a falla de industrias, a desestruturación económica e a especulación perfilando un futuro no que os pobos se desartellan e onde se promove un desprezo total ao contorno, un contorno que en certa medida é o que nos di quen somos.

 

A COSTA DA MORTE: UNHA URXENCIA ANTROPOLÓXICA.

Non só as persoas morren, tamén morren as ideas, as casas, os sentires e en ocasións morren os sitios.

A Costa da Morte é hoxe por hoxe máis morte que nunca. Morren os peixes, morren os barcos e morre o entorno salvaxe mítico no que viviu a xente que tamén está a morrer.

Antes os cambios (no que ao entorno se refire) se daban paseniño, con tempo a seren asimilados de tal xeito que buscar imaxes do pasado supoñía un esforzo por recuperar aquela casa que estaba alí ou aquel arbore do outro lado. Máis adiante os cambios se deron no sentido inverso, esta estrada que antes non estaba… pero se algo ten a Costa da Morte é que inda existen lugares onde o pasado remoto clama por si mesmo, onde a imaxe do pasado e do presente son idénticas: Cabo Touriñán, Mar do Rostro, Mar de Fora…..

A día de hoxe a imaxe do pasado é unha visión recorrente o cambio que está a sufrir o entorno é tan radical como veloz e por iso esta imaxe é por recente máis potente que nunca.

Sempre se fala de que nós os galegos temos por definición saudade entendendo a saudade coma a lembranza da terra de un. Dende a emigración, existía porque a terra ficaba lonxe e inalcanzábel pero hoxe en día adquire un novo significado: xa é posible sentila dende a terra mesma.

Gran parte de isto é inevitábel como ía ser posíbel manter un mundo arcaico de explicación mítica na sociedade contemporánea, un mundo de naufraxios e piratas do mar cheo de laranxas.[1]

O universo da Costa da Morte está a sufrir un grande cambio causado por unha urbanización excesiva e sen planificación e xa nunca será o mesmo.

Onde onte eran leiras, hoxe hai grúas que mañá serán urbanizacións e campos de golf e onde aínda non hai grúas hai constructoras madrileñas traballando para que as haxa.

Toda a costa está sendo negociada, e por primeira vez o fenómeno inmobiliario está a ensañarse con ese entorno na súa maioría virxe para estas lides. É por elo que nas feiras inmobiliarias a nivel estatal estanse dedicando stands enteiros á Costa da Morte.

A Costa da Morte, aí radica o seu encanto e a súa idiosincrasia sempre tivo algo de illado, de atemporalidade. Unhas raíces moi fortes co pasado que hoxe en día estanse a romper abruptamente.

Este mundo do pasado case extinto aínda non o está de veras e nos temos a responsabilidade de arquivalo e mantelo senón vivo (non ten ao caso manter unha arcadia feliz fuxindo da realidade) accesible para quen queira estudalo.

Aínda hoxe en día (aínda que pareza estraño) existen testemuñas de primeira man que poden falar de cando viron chegar por primeira vez a luz eléctrica e que describen un mundo que por lonxano nos parece que tivo que acontecer hai un millón de anos. Hai que aplicar unha antropoloxía de urxencia por que estes vellos están a morrer son poucos e cada vez quedan menos.

A Costa da Morte aínda hoxe vive, vive na xente que está a morrer e vive, por pouco tempo, no entorno salvaxe e cando non nos quede eso vivirá en fotos que a xente non saberáa interpretar.

A Costa da Morte é unha terra crepuscular e nos temos a responsabilidade de dedicarlle o seu canto do cisne.


[1] Unha vez o mar levou r parte do cargamento de laranxas dun barco. O mar estivo por uns momentos tomado polas laranxas.

Advertisements

3 thoughts on “Texto (galego)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s