CATÁLOGO DE GALAXIAS SOCIAIS

Procuramos certa orde nas cousas, elaboramos patróns que nos permitan traducir o caos nun cosmos organizado, útil e cómodo. Patróns mutantes que falan de mitos, leis científicas ou contos que convertan o estraño nun universo recoñecíbel.
O home mira as estrelas e séntese pequeno, invadido polo infinito; pero tamén dende un punto de vista máis utilitarista búscaas como referencia para guiar as súas naves, constrúe estruturas para ilustrar mitos dándolles forma de deuses e heroes, investiga e cataloga buscando resposta a moitas das grandes preguntas.
O home domestica o mundo para facelo útil, converte o vento e a marea en enerxía e codifica as ondas herzianas para transmitir as súas mensaxes. As respostas están aí, aínda que imposíbeis de ler sen coñecer a súa linguaxe; están alí, máis aló da visión romántica do home que mira as estrelas; están no ruído branco chamado neve, que por pouco tempo seguirá nas televisións sen sintonizar e que contén o eco do principio dos tempos.
Alleo a todo isto o universo, xeneroso, devólvenos imaxes de cores e formas espectaculares, que nos recordan o pequenos que somos.
Catálogo de galaxias sociais: o berro do cosmos intenta facer o percorrido inverso; desfai imaxes referenciais cargadas de significado social converténdoas en formas difusas; desordena pixeis e cores transformando retratos de mulleres e peixes, ondas sonoras, paisaxes, gráficas e fórmulas matemáticas en galaxias, nebulosas e planetas; espallando ao universo os berros dun mundo imperfecto .

Catálogo de galaxias sociais funciona coma un mosaico de impresións. A intención da peza é efectivamente facer un catálogo de galaxias inventadas. Cada unha das cales supón un berro a lanzar ao universo; galaxias que falen de temas que preocupan ao grupo e que cada un dos compoñentes había representar. Para elo buscáronse unha serie de imaxes referenciais das diferentes temáticas (espazos en perigo para o territorio, palabras convertidas en ondas sonoras para a lingua….). As imaxes e tratáronse dixitalmente en poucos pasos, destruíndo as formas pero tentando ser fiel ás cores e facendo pequenos buratos a través dos cales se puidese entrever unha estela de ruído branco.
A partires de ahí só restou derramar cada unha destas galaxias sobre os compoñentes de Berrogüetto, que ademais de prestarse como pantallas onde proxectar, musicaron os seus respectivos berros.

Berroguetto (Discópolis – 7325)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s