Que ques hoxe, miña rosa?
Houbo días de mazás (días aburridos), días de falar do tempo e da reuma,días de clementinas repletas da vitamina c que acompañaba a frase; dende logo hoxe non estás ben, cousas do inverno, é a verdadeira fronteira: o primeiro día de cereixas que co seu doce sabor nos avisaban da chegada do calor e un novo mundo de froitas, e con elas, a completa descrición de como ían as árbores da súa horta, veráns de pexegos comprados ás présas para poder baixar á praia e outonos repletos de figos, uvas e castañas, que daban pé a historias de vendima e de magostos.
Os días, as froitas e as conversas mudaban a diario pero o único que persistía na tenda de Pepa eran as rosas perennes que día a día íamos mercar alí.
Hoxe vai un par de meses desque Pepa pechou, e despois do traballo merquei 1 kg de mandarinas, un mango e media ducia de fresas… o único que levo para casa é iso mesmo.