Kauflan polo mundo adiante

soniak

Hoxe deume por pensar que dende que comecei con este proxecto xa viaxou polo mundo abonda. Saimos da casa na mostra Internacional Gas Fenosa e nos Novos Valores do Auditorio de Galicia (onde nos levamos o primeiro premio) para viaxar  Tarragona (Embarrat), Madrid (Se Alquila)… Estivo no matadero gracias a VideoProyector e con eles fixo maletas para visitar Lisboa, Milan e Oaxaca. Estivo en Cusco da man de Videoraymi e en Regensburg Kunstverein Graz.. non está mal pra un proxecto aínda en desenvolvemento

pequenas superficies viaxa a Barcelona

…. e convértese en Petites Superfícies.

O videiro 25 de febreiro ( o sábado que ven) presentamos o proxecto Petites Superficies en Barcelona dentro da iniciativa Dispositivos post.
Durante o mes de decembro adiqueime a repetitr a experiencia feita na Coruña no 2009 na eixample esquerra en Barcelona. Busquei tendas de bqarrio e merquei diferentes obxetos, que mesturados coas diversas conversas que tiveron lugar cando a compra, xeraron unha serie de bandexas.
A partires de esta experiencia elaborei uns percorridos que reproducen o vivido e que se poden descargar nunha web. Así mesmo o percorrido ten un trasunto na realidade podendo vivirse cun smartphone a través da realidade aumentada.
Petites superfícies estréase o proximo sábado no solar de Germanetas (entre consell de cent e viladomat) así que se vos coincide andar por aló non o dubidedes, ¡será interesante!
unha aperta,