trailer do documental a casa de lola de andrés

March 20, 2007 by olaiasendon

A CASA DE LOLA DE ANDRÉS VIAXA A MALAGA

March 12, 2007 by olaiasendon

O documental A casa de lola de andrés será proxectado o vindeiro día 16 de marzo (8:30) dentro da sección oficial do festival de cine de Málaga.

Este proxecto supón un dos catro filmes galegos que compiten neste festival e o único documental.

Cita hoxe as 8:30 no CGAI

March 1, 2007 by olaiasendon

Para todos aqueles que aínda non tivechedes a oportunidade de ver o documental A casa de lola de andrés ou todos aqueles que queirades voltar a velo tedes unha oportunidade hoxe as 8:30 no CGAI (Rúa Durán Loriga)

A casa de lola de andrés no CGAI

February 17, 2007 by olaiasendon

O Xoves 1 de marzo o CGAI incluirá na súa programación o documental A casa de lola de andrés. A presentación do documental correrá a cargo de Alfonso Pato (director programa Onda Curta) e Juan Creus (arquitecto).

Esdpero vervos a todos alí

video da estrea na fragua de Gerardo

January 30, 2007 by olaiasendon

Cando as luces se apagaron e todo o mundo ficou en silencio era o  momento de decir a sorte está botada, pero xa daquela se podía afirmar que a estrea fora un éxito.

Antes diso 183 persoas (que son moitas sobretodo nun pobo como Sardiñeiro) atravesaran a porta da fragua para compartir con nós ese momento. Pero aínda antes, falo dos dias anteriores, había xa algo no pobo, unha emoción que facía presentir o que ía suceder.

Hai ocasións nas que as formas son tan importantes como o fondo que se presenta, normalmente as estreas se engalanan para facer mais atractivo o producto, pero neste caso a forma era algo máis, funcionaba a un nivel conceptual. Converter outra vez a forxa nun cine supuña un intento de revindicar a memoria dos tempos pasados e máis alá diso retornar a sentir o pobo de Sardiñeiro coma tal.

Despóis de 40 anos a forxa voltaba a ser cine e os veciños metade curiosos metade nostálxicos acodían en masa.

O documental avanzaba e as cabezas movianse dun lado a outro para alcanzar o mellor ángulo de visión.

Viruca decía que os animais son como as persoas pero os porcos non tanto e o silencio se rompía cunha risa complice.

Entón, na última escea, entra unha voz de muller pero esa voz non soa enlatada. Na pantalla se mostran unha serie de fotografías de “se vende” Dous amores a vida gardarme fai a patria é o que adoro e o meu fogar ….. reza a canción e un calado está alí se escoita cando, ao pé da vigorna aparece Silvia entoando a súa canción iluminada  somentes por un foco.  Dias máis tarde Pilar, unha das asistentes confesou que nese momento os ollos enchéronselle de bágoas ao pensar que está sendo da nosa terra.

Hai momentos que son moi importantes na vida de un e para min este o era, pero o que é aínda máis emocionante e que aquel, foi un día especial para moita xente

Éxito arrollador da estrea de A casa de lola de andrés

January 28, 2007 by olaiasendon

estreawebb1.jpg

Onte, na forxa de Gerardo reunimonos a friolera de 183 persoas para disfrutar coa premiere da casa de lola de andrés. Como estaba previsto no acto interviu Silvia Penide cantando en directo a canción coa que se conclue o documental. A actuación (acompañada dunha coidada escenografía e iluminación) impresioou os alí presentes.Onte o pobo de Sardiñeiro víase transformado, non só polo feito de que a maioría dos veciños que o compoñen volvían a ver como a súa forxa voltaba a ser cine, senón tamén porque a fachada da fragua e algún edificio próximo iluminaronse coa proxeccion de xigantescos fotogramas da película.Tampouco faltou a alfombra vermella na entrada pola que desfilaron como estrelas os veciños do pobo.Para nós resultou unha experiencia inesquecible como creo que o será para moita da xente de Sardiñeiro que compartiron con nós a noite de onte.

Artigo no país

Estrea A casa de Lola de Andrés, sábado 27 as 20:00 na forxa de Sardiñeiro

January 23, 2007 by olaiasendon

forxawebb.jpg

Alá polos anos 40 o fotógrafo muxián Ramón Caamaño chegaba polas vilas e polas aldeas da Costa da Morte, proxectando cine nos locais que lle deixaban para facelo. Un deses espazos era a antiga fragua de Sardiñeiro. Entrar, hoxe en día, na fragua de Sardiñeiro supón unha experiencia embriagadora. O pasado é totalmente presente entre labras  e ferranchos parecendo como se de súpeto o tempo se detivese e volvésemos compartir esa memoria antiga.  Hai 50 anos que non hai cine en Sardiñeiro, e xa é tempo de que, aínda que sexa por un día, o lugar volva ao cine entre labras e ferranchos.

A casa de lola de andrés

December 15, 2006 by olaiasendon

casasardiazu.jpg

Xa está rematado o documental A casa de Lola de Andrés.