trailer dos fabulosos irmáns da luz
March 13, 2008
Sábado 19 de Xaneiro na Punta da Barca
Cando nos decidimos a facer a estrea dos Fabulosos Irmáns da Luz na Punta da Barca en Muxía a golpe de 19 de xaneiro se podía dubidar da nosa cordura, era lóxico. E estando a costa en alerta laranxa unha semán antes, ata dende o equipo o chegamos a dubidar. Pero as cousas a veces se amañan por si soas e neste caso parece que o Deus dos ventos e os temporais estaba con nós.Nun tempo no que se está a falar tanto da perda de espectadores nas salas de cine, e falando sobre isto mesmo, o sábado nos reunimos en Muxía a frioleira de 400 persoas. Só me resta darvos o meu agradecemento eterno. Tanto para os que tivechedes a oportunidade de vir como para os que non puidechedes deixovos un pequeno recordatorio gráfico da estrea dos fabulosos irmáns da luz. Así que se queredes ver as fotos so teder que premer na imaxe.en breve subirei un pequeno vídeo para poder revivir un pouco o momento. mais fotos dos preparativos
Toda estrea debe ser un reflexo da peza que presenta.
Os fabulosos irmáns da luz é unha homaxe ao fotógrafo Ramón Caamaño, pioneiro en levar o cine á Costa da Morte. Caamaño pasou parte dos seus dias na Punta da Barca vendendo fotos e falando coa xente. El dicía que ese lugar era o que lle daba a vida. A escolla da ubicación para a estrea foi doada, non podía ser noutro sitio: A Punta da Barca.
O cine era ante todo espectáculo. A posta en escea desta premiere non podía obviar esta realidade e, como non podía ser menos, o evento está organizado en torno a esta idea: ESPECTÁCULO. Malabaristas, luces, sombras, siluetas animadas… xunto co impresionante entorno da Costa da Morte: o mar, as ondas, as rochas (a de abalar e a dos cadrís). Percorrer a alfombra vermella permitirá os asistentes achegarse ao Fabuloso mundo dos Irmáns da Luz.
O vindeiro sábado 19 celebraremos a estrea do documental Os fabulosos irmáns da luz no sitio onde Caamaño pasou a maior parte da súa vida: A punta da Barca.Estades todos convidados a proxección e tamén a festa de luces, sombras e malabares que terá lugar nunha carpa con calefacción para superar o frio de xaneiro.
Pregúntome, se gardaran os espazos memoria do que teñen sido.O telón se baixa,As luces se apagan.A derradeira sesión.A xente, que outrora encheu as sás deixa paso aos habitantes silenciosos do paso do tempo.As arañas tecen o seu fio e as pinturas antes lúminosas apáganse e rómpense. Unha atmósfera de pó circula libtremente entre as butacas onde as polillas construiron as súas casas.Ruinas, Ruinas…………Plástica mestura de espazo e memoria.Unha voz triunfal e case circense rompe o silencio:Sras e Srs Benvidos ao espectacular fenómeno do cinematógrafo……Luces e sombras oscilan e dan forma aos espazos mortos que por un momento recuperan os ecos do que foron
O próximo 14 de Setembro a Casa de Lola de Andrés participará no festival Alcances que ten lugar en Cádiz.
Do día 16 ao 23 de Xuño poderedes ver en Valencia o Documental A casa de lola de andrés estará no Doclab (festival cinema jove) formando parte dunha selección feita por Adán Aliaga (la casa de mi abuela) e Isaki Lacuesta (Craven vs Craven).
O martes día 15 presentamos no auditorio do centro social Caixanova (Policarpo Sanz 24) o documental A Casa de Lola de Andrés.
Para a presentación contaremos coa presenza do crítico de cine Mirito Torreiro e a actuación en directo de Slivia Penide.
Esperamos vervos alí.