Pregúntome, se gardaran os espazos memoria do que teñen sido. O telón se baixa, As luces se apagan. A derradeira sesión. A xente, que outrora encheu as sás deixa paso aos habitantes silenciosos do paso do tempo. As arañas tecen o seu fio e as pinturas antes lúminosas apáganse e rómpense. Unha atmósfera de pó circula libtremente entre as butacas onde as polillas construiron as súas casas. Ruinas, Ruinas………… Plástica mestura de espazo e memoria. Unha voz triunfal e case circense rompe o silencio: Sras e Srs Benvidos ao espectacular fenómeno do cinematógrafo…… Luces e sombras oscilan e dan forma aos espazos mortos que por un momento recuperan os ecos do que foron.
