Toda estrea debe ser un reflexo da peza que presenta.
Os fabulosos irmáns da luz é unha homaxe ao fotógrafo Ramón Caamaño, pioneiro en levar o cine á Costa da Morte. Caamaño pasou parte dos seus dias na Punta da Barca vendendo fotos e falando coa xente. El dicía que ese lugar era o que lle daba a vida. A escolla da ubicación para a estrea foi doada, non podía ser noutro sitio: A Punta da Barca.
O cine era ante todo espectáculo. A posta en escea desta premiere non podía obviar esta realidade e, como non podía ser menos, o evento está organizado en torno a esta idea: ESPECTÁCULO. Malabaristas, luces, sombras, siluetas animadas… xunto co impresionante entorno da Costa da Morte: o mar, as ondas, as rochas (a de abalar e a dos cadrís). Percorrer a alfombra vermella permitirá os asistentes achegarse ao Fabuloso mundo dos Irmáns da Luz.

Xaneiro 21, 2008 en 12:27 pm |
Este par de eumeses sinte non poder ter ido á estrea. Tiñamos moitas ganas pero non din amañado no choio a tempo. De todas formas limos os xornais, escoitei unha entrevista no Extrarradio e aínda onte vimos algo na noticia que puxeron ó remate do Telexornal. Noraboa. Esperamos ver a peli pronto.
P.D: Para que eran os alfinetes?
Xaneiro 21, 2008 en 8:15 pm |
Eu tamén sinto non ter ido pero por mor do traballo de papá e mamá. A ver si noutra ocasión…